Ao altar, en poni

Unha veciña da Pastoriza elixiu un peculiar transporte para a súa voda  
Camiño do altar, na carreta tirada polo poni Rubio. TEÓFILO LÓPEZ
photo_camera Camiño do altar, na carreta tirada polo poni Rubio. TEÓFILO LÓPEZ

A parroquia pastoricense de Pousada festexou esta fin de semana a voda de Tania e de Hilario, que será recordada polo transporte escollido pola noiva e polo seu pai, Nicanor, para viaxar dende a súa casa á igrexa.

O poni Rubio encargouse de tirar da engalanada carreta na que fixeron o traxecto, preparada para a ocasión polos primos da noiva, Miriam e Ricardo de Baltar. Logo da cerimonia, familiares e amigos celebraron coa feliz parella esta xornada tan especial no Val dos Soños de Duancos.

Comentarios