lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

AXENDA

Antía Yáñez recibe en Vilalba o III Premio Agustín Fernández Paz

Antía Yáñez. @STILLPABLOU
Antía Yáñez. @STILLPABLOU
O auditorio municipal acolle a entrega do galardón hoxe sábado ás 20.30 horas, nun acto presentado por Carmen Hermida que contará con música, poesía e teatro

O auditorio Carmen Estévez de Vilalba acolle na tarde de hoxe sábado a cerimonia de entrega á a burelá Antía Yáñez do III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, organizado polo Iescha, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais.

A gala, fixada para as 20.30 horas e con entrada gratuíta, estará presentada pola xornalista Carmen Hermida e contará coa colaboración da Asociación de Xordos de Vilalba. No seu decurso intervirán a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro; a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; o director de Xerais, Fran Alonso, e Manuel Bragado, integrante do xurado, ademais da escritora gañadora.

O acto completarase coa animación musical da banda de gaitas Mato Vizoso, Alfonso Maseda e o grupo tradicional Buxos Verdes. A nota poética correrá a cargo de Emilia Martínez Fuentes e o grupo da biblioteca do IES Santiago Basanta Silva porá en escea un texto teatral.

Antía Yáñez recibe en Vilalba o III Premio Agustín Fernández Paz
Comentarios