Alumnado do IES de Meira recompila as historias de vida de nove maiores

Os estudantes de terceiro de secundaria dividíronse en grupos e entrevistáronse con residentes do CAM para coñecer os seus talentos
Alumnado de terceiro de Eso coas persoas maiores homenaxeadas. C.PÉREZ
photo_camera Alumnado de terceiro de Eso coas persoas maiores homenaxeadas. C.PÉREZ

O alumnado de secundaria do IES Pedregal de Irimia conmemorou o Día da Felicidade cun proxecto interdisciplinar que culminaba cun acto no centro sociocomunitario da vila.

O acto inaugurábase cun reparto de chapas distribuídas aleatoriamente, cada unha cunha mensaxe dun estudante que recollía a súa visión da felicidade, e pechábase coa interpretación da Rianxeira. No medio, tocaba emocionarse, rir e mesmo soltar algunha bágoa coa culminación desta entrañable iniciativa que implicaba tamén a nove usuarios, con idades comprendidas entre os 63 e os 91 anos, do Centro de Atención a Maiores (CAM) de Meira.

Entrega de recoñecementos. C.PÉREZ
Entrega de recoñecementos. C.PÉREZ

"Foi moi agradable e moi emotivo, non se acordan de todo, pero si de cousas moi especiais, e é moi bonito ver como se coidan uns a outros e o amigos que son entre si, ver o compañeirismo e como resolven as pequenas discusións que poidan ter con tranquilidade", aseguran Zoe e Victoria, dúas das alumnas de terceiro de secundaria que participaron directamente nas recompilacións das historias de vida de cada un dos maiores. 

Dous dos homenaxeados, cos seus recoñecementos. C.PÉREZ
Dous dos homenaxeados, cos seus recoñecementos. C.PÉREZ

A vintena de alumnos de terceiro repartíronse en grupos e achegáronse á residencia para falar con Sergio, Rosa, Paco, María Luisa, Clotilde, Isidoro, Manuel, Obdulia e Mari Carmen, dos que despois fixeron presentacións contando a súa infancia, profesión... facendo especial fincapé no talento que os caracteriza, coma a música, a lingüística, a habilidade artística...

Un momento da emotiva celebración. C.PÉREZ
Un momento da emotiva celebración. C.PÉREZ

Recibiron ademais cadanseu agasallo, unha sorte de diploma conmemorativo personalizado, e ofreceron a súa versión do que é a felicidade, na que a mensaxe era común: a familia

Acto celebrado no centro sociocultural de Meira. C.PÉREZ
Acto celebrado no centro sociocultural de Meira. C.PÉREZ

Comentarios