A alta dun traballador de Avime deixa sen Covid-19 as residencias chairegas

Rexistráronse 14 casos nos centros da comarca durante a pandemia 
Labores de desinfección de la Ume en Avime Fogar. EP
photo_camera Labores de desinfección de la Ume en Avime Fogar. EP

A alta por curación dun traballador do centro de maiores Avime Fogar de Cospeito notificada este sábado polo Sergas supón deixar a cero a lista de persoas con coronavirus nas residencias da comarca, onde se rexistraron 14  casos positivos durante a pandemia.

Nos últimos días xa foran recibindo a alta usuarios —chegaron a estar infectados por Covid-19 sete dos dez  que hai, sendo a residencia con máis casos da Terra Chá— e outros dous traballadores, aos que o sábado se lles sumou o  terceiro.

Tamén se rexistraron os casos de dous residentes e dous empregados do centro de maiores Domusvi de Castro  de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei. Ademais, en canto aos centros para persoas con  discapacidade, houbo dous casos de positivo en coronavirus no centro de Castro, un pertencente á residencia que xestiona Cruz Roja e outro a Fudace, que tamén recibiu a alta esta pasada semana.

Comentarios