lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

Alonso Estraviz defende "o orgullo de ser galego" ao recibir a Man de Irimia

Ánxeles Fernández e María Caneiro, xunto a Isaac Alonso Estraviz e Manuel Pardo. C.PÉREZ
Ánxeles Fernández e María Caneiro, xunto a Isaac Alonso Estraviz e Manuel Pardo. C.PÉREZ
O lexicógrafo foi homenaxeado na VIII Festa de Afirmación e Dignidade de Meira xunto a Santi Caneiro

Federico Cachafeiro, de Avelino Díaz, na lectura do manifesto. C.PÉREZPodía dicilo máis alto, pero non máis claro. "Sintamos o orgullo de ser galegos", pediu reiteradamente o lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz ao recibir a Man de Irimia na VIII Festa de Afirmación e Dignidade, que tivo que celebrarse nos Cabanóns da Praza do Convento de Meira no canto de no Pedregal de Irimia pola ameaza de choiva.

"Non hai peor adversario dos galegos que os propios galegos", lamentou, igual que previamente o fixera Bernardo Penabade ao presentalo -lembrou que hai 60 anos, en 1959, se ordenaba usando o galego e que hai 30, en 1989, entraba na Universidade de Vigo-, que aos doce anos fora para o Mosteiro de Oseira, onde lle prohibiran falar o idioma.

"Rebeleime, e aos 17 anos prometín que nunca máis na vida ía falar castelán", lembrou, aínda que tivo que falalo, porque "con 24 botáronme polo mundo adiante". E aínda que tivo opcións de quedar por aí, tirou para volver á matria. "Sempre defendín o noso, entreguei a miña vida á causa galega", concluía o homenaxeado, non sen antes salientar que por defender "o noso" non se debe desprezar o resto.

A segunda Man de Irimia, obra unha vez máis do artista local Manuel Pardo, recaía a título póstumo en Santi Caneiro. A súa muller, Ánxeles Fernández, e a súa filla María non poideron conter a emoción en moitos momentos dun acto amenizado pola Banda de Gaitas de Narón, formación da que el foi fundador.

"El fixo de min unha mochila, porque me levaba a todas partes, enchéndome de cousas", aseguraba María, lembrando experiencias compartidas con seu pai, "un dos bos e xenerosos, do que aprendemos a traballar dende a base con visión de país", tal e como o definiron dende a Asociación de Gaiteiros Galegos a quen foi o seu presidente, un técnico de son que xa forma parte "do noso imaxinario colectivo".

"Santiago Caneiro era, sobre todo, o meu amigo", concluía na presentación do homenaxeado Mero Iglesias, encargado, xunto a David Otero, de conducir un acto que comezou coa lectura, a cargo de máis dunha vintena de voces, do Manifesto de Afirmación e Dignidade, desta cita xa consolidada que promoven conxuntamente a Irmandade Manuel María e a asociación Xermolos, coa colaboración do Concello de Meira.

Alonso Estraviz defende "o orgullo de ser galego" ao recibir a Man...
Comentarios