Alfonso Blanco falará de Pardiñas en VoltaremosXuntos

Andrés Fernández conversará co coordinador de Xermolos este xoves, ás 22.00 horas, nun encontro virtual
Alfonso Blanco, fundador e coordinador de Xermolos. AEP
photo_camera Alfonso Blanco. AEP

A plataforma de Instagram VoltaremosXuntos, creada en Guitiriz para dar cabida a iniciativas sociais e veciñais, terá este xoves, ás 22.00 horas, unha nova charla en directo, na que o protagonista será o cura e coordinador de Xermolos Alfonso Blanco.

Nunha conversa con Andrés Fernández, un dos impulsores do proxecto, Blanco abordará as posibilidades de celebración do Festival de Pardiñas, o primeiro fin de semana de agosto, as particularidades dos enterros durante o estado de alarma ou outras cuestións relacionadas co concello.

Comentarios