lunes. 30.11.2020 |
El tiempo
lunes. 30.11.2020
El tiempo

Álex Ramudo: "Non é o mellor momento, pero hai ocasións nas que hai que arriscarse"

Álex Ramudo. S.IGLESIA
Álex Ramudo. S.IGLESIA
O casco urbano de Vilalba conta desde este mércores cun novo local hostaleiro, o bar A Pereira, que nace da man deste veciños de Lanzós

Despois de adicar 15 anos á hostalaría na parrillada O Adro, Álex Ramudo emprende este mércores a súa propia andaina co bar A Pereira —Rúa Cidade de Viveiro, Vilalba—, un nome que lle debe ao barrio de Lanzós ao que pertence el mesmo.

Dá vertixe abrir un local neste momento, cando moitos están baixando a persiana?

Recoñezo que non estamos pasando polo mellor momento, pero hai ocasións nas que hai que arriscarse porque agora estamos así, pero virán tempos mellores. Teño moita ilusión con este proxecto e nervios.

Houbo moito apoio por parte dos seus?

A verdade é que me vin moi apoiado por todos, especialmente pola miña familia. De feito, miña nai tamén formará parte e estará na cociña.

Como xurdiu a idea de emprender cunha nova oferta hostaleira?

Sempre me gustou moito esta zona, con máis bares e con moito tránsito de xente —localízase preto do cruce coa rúa Plácido Peña—. Así que cando souben que o Justo, o que estivo aquí durante 23 anos, se retiraba e deixaba o local, animeime a collelo. Foi polo mes de setembro cando empecei a traballar na idea.

Este mércores, día 28, abre as súas portas, que horario terán?

Si, hoxe abrimos pero non haberá inauguración pola situación sanitaria, quizais máis adiante se todo vai mellor. O noso horario será de 7.00 horas a peche e descansaremos os domingos.

Que é o que vai ofrecer?

Estaremos moi centrados en ofrecer almorzos, en facer bos cafés e chocolates e contaremos cunha ampla variedade de infusións. Tamén daremos tapas e, ao mellor dentro dun tempo, nos animamos coas racións.

Tamén terán limitación de aforo.

Si, ao 50%, polo que poderemos atender a unhas 25 persoas. Ademais, pedimos que todos os que nos visiten respecten os protocolos, co uso de máscara e de xel hidroalcóholico e distancia de seguridade.

Álex Ramudo: "Non é o mellor momento, pero hai ocasións nas que hai...
Comentarios