Aberto ata o día 23 de abril o prazo para concorrer ao IV Certame Avelino Díaz

 O concurso, no que poden participar adultos e nenos, conta coas categorías de debuxo e de poesía
Avelino Díaz. AEP
photo_camera Avelino Díaz. AEP

A asociación Poeta Avelino Díaz, en colaboración cos concellos de Meira e de Riotorto, convoca a cuarta edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, cuxo plazo de presentación de obras se pechará o vindeiro 23 de abril. As bases poden consultarse nas redes sociais da entidade.

Ao concurso poderase concorrer cun único traballo, nunha das catro categorías fixadas nas súas bases. Así, a A comprende aos autores que teñan entre tres e oito anos, e céntrase só na modalidade de debuxo —serán de temática e formato libre—. Haberá tres premios, cun lote de libros, diploma e figura conmemorativa para o gañador e diplomas e lotes de material escolar para o segundo e terceiro clasificado. 

O resto das categorías só se convocan na modalidade de poesía. Na B, de nove a doce anos, a mellor composición farase cun libro electrónico e na C, de 13 a 17, cunha tablet. Os demais premiados levarán lotes de material escolar, diplomas e figuras. Na categoría D, para maiores de 18 años, as recompensas son de 300, 200 e 100 euros. Os poemas deben estar escritos en galego, de temática e métrica libre.

Os traballos deben remitirse por correo á asociación, á dirección do centro cultural de Meira, Rúa Federico González, s/n, CP 27.240. O ditame do xurado farase público o 17 de maio e os premios a todos os gañadores entregaránselles nun acto público que terá lugar, nunha data por determinar, no centro sociocultural As Rodrigas de Riotorto.

Comentarios