Abadín eliminará a barreira que lle impedía saír da súa casa a unha veciña dependente

Pilar Fernández ten una discapacidad recoñecida do 84% e viña reclamando o arranxo desde 2013
Obras delante de la casa de Pilar Fernández. EP
photo_camera Obras diante da casa de Pilar Fernández. EP

O Concello de Abadín elminará a barreira arquitectónica que lle impedía a unha veciña con mobiliade reducida saír da súa casa en O Coto, parroquia de Abeledo. O caso chegara mesmo ao Parlamento galego. Pilar Fernández, que ten un grao de discapacidade recoñecido do 84%, vén reclamando o arranxo desde 2013.

O Sindicato Labrego Galego informou este xoves que que os obreiros puxéronse mans á obra esta semana para eliminar a barreira arquitectónica. As obras levarán tres días, o que indica, segundo o SLG, "que non foi precisamente a súa complexidade a que mantivo a Pilar nunha dependencia absoluta doutras persoas para poder entrar e saír do seu propio domicilio durante máis dun lustro".

A Fiscalía abrira en novembro unha investigación para determinar se o rexedor de Abadín, o popular José María López Rancaño, cometera un delito de prevaricación por omisión.

La vecina de Abadín afectada. EP

Os problemas de Pilar Fernández comezaron en 2013, cando o Concello de Abadín deu unha nova capa de asfalto á pista que pasa a carón do seu domicilio. A elevación do firme creou un chanzo insalvable para ela, que ten unha minusvalía do 84% e precisa dunha cadeira de rodas para desprazarse, segundo informa o SLG.

Comentarios