O polígono das Pontes recibiu 14.450 euros en axudas

O parque empresarial de Penapurreira instalou sistemas CCTV
Reunión de Martina Aneiros coa asociación Seara. EP
photo_camera Reunión de Martina Aneiros coa asociación Seara. EP

Durante o 2022, o polígono das Pontes recibiu un total de 14.450 euros grazas á orde de axudas que proporciona a Xunta de Galicia. Así pois, grazas a este ingreso de capital, o parque empresarial de Penapurreira instalou sistemas CCTV, mellorando as súas instalacións.

A delegada territorrial da Xunta, Martina Aneiros informou dunha nova convocatoria de axudas para este 2023 durante un encontro coa directiva da asosiación de empresarios Seara, encabezada polo seu presidente, José Castro.  Aneiros animou a varios Concellos como Ferrol, Eume e Ortegal para que realicen a solicitude.

Comentarios