A Sintonía de Sancovade recadou 800 euros no seu décimo aniversario

Sintonía de Sancovade. C.ARIAS

Os fondos son para a asamblea local de Cruz Vermella de Vilalba 

A orquestra vilalbesa Sintonía de Sancovade demostrou, unha vez máis, que festa e solidariedade poden ir  dan man. Na conmemoración do seu décimo aniversario, a formación de playback que anima cada recuncho
que se propón recadou 805,65 euros para a asemblea local de Cruz Vermella en Vilalba nunha festa que foi "un éxito".

"Houbo moitísima xente. Non contabamos con tanta. Temos que dar as grazas ao bo tempo e a facer a celebración nunhas datas con tanta tradición de festa como é a Guadalupe", explicaron dende a formación vilalbesa, ao tempo que tamén destacaron o seu traballo.

"La cifra es muy buena y siempre lo digo, grano a grano se hace el granero», indicou Carlos Cea, o responsable de Socorros e Emerxencias de Cruz Vermella en Vilalba. 

O sábado houbo misa na capela de Guadalupe, procesión, pasarrúas co grupo de gaitas Mato Vizoso, sesión vermú con Buxos Verdes e coa propia Sintonía de Sancoave e pola noite subíronse ao escenario Batifoula, Mestura de Nete, Manoli Silva e outra vez os organizadores. "A festa seguiu o domingo pola ofrenda dun devoto e  houbo música a mediodía e pola noite. Estamos moi contentos. Para nós foi unha fin de semana excelente", destacaron os membros da orquestra.