Unha aprendizaxe sen fronteiras

"Se non fora por Roberto Núñez, o profe de inglés, non me tería apuntado"

O meirego e alumno do IES Pedregal de Irimia, Afonso Rico, pasará dez meses na localidade de Knob Noster, en Missouri

Afonso Rico. S.IGLESIA
photo_camera Afonso Rico. S.IGLESIA

Tamén do IES Pedregal de Irimia de Meira, Afonso Rico, a punto de cumprir os 16 anos, vai embarcar nunha aventura algo máis completa. Compartirá dez meses con Bob e Teresa, unha familia gandeira da cidade de Knob Noster en Missouri, explica este mozo meirego.

Afonso cursará 1º de Bacharelato no Knob Noster High School a través da axencia Education First (EF)

Así mesmo, Afonso recoñece que de non ser por "Roberto Núñez, o profe de inglés, nin me tería enterado e moito menos apuntado", xa que foi o encargado de aportarlle catálogos e de animalo a "preguntarlle calquera dúbida", comenta Afonso, quen cursará 1º de Bacharelato no Knob Noster High School a través da axencia Education First (EF).

Volverá en maio, cando finalice o periodo lectivo no que será o seu novo instituto. Polo momento xa conversou "en varias ocasións" por Whatsapp con Bob e con Teresa e a primeira impresión "é moi boa".

Comentarios