A Mosqueira loce e mostra deberes

A nova praza a carón da muralla aínda non está rematada, pero os lucenses xa camiñan por ela. A algúns non lles pode gustar máis e outros cren que se volve pecar de moita pedra. A degradación arquitectónica é agora máis evidente
Zona peanolizada de A Mosqueira, aínda en obras. XESÚS PONTE
photo_camera Zona peanolizada de A Mosqueira, aínda en obras. XESÚS PONTE

Para desgusto de moitos condutores, que non de todos, Lugo segue conquistando metros para os peóns e estes non perden nin un minuto en facer uso deles. O Concello abriu esta semana o paso central da Mosqueira para poder traballar no lateral de Mártires de Carral, xa que a obra non está rematada, e, nada máis quitar os valos, os lucenses botáronse a camiñar pola nova praza.

Zona peonalizada de A Mosqueira, aínda en obras, coas casas abandonadas que a afean.
Máximo Folgueiras: "Levo pouco tempo en Lugo e non o coñezo ben, pero todo o que sexa peonalizar está ben, hai que acostumarse a ir a pé".

O espazo que linda cunha das partes máis emblemáticas da muralla concibiuse libre na súa parte central para poder facer actividades nel. As zonas axardinadas e o mobiliario situáronse no primeiro tramo cara ás fachadas dos edificios e, da metade para abaixo, a carón da muralla. A esta altura, o pavimento é unha composición intercalada de baldosa e céspede, como a das entradas aos garaxes.

Zona peonalizada de A Mosqueira, aínda en obras, coas casas abandonadas que a afean.
Enrique Rodríguez: "No me hago a la idea de cómo va a quedar, pero en general en Lugo se peatonaliza de una forma muy poco habitable"

Nas zonas axardinadas aínda falta moita obra por facer e a algúns cidadáns resúltalles difícil facerse unha idea de como quedará o conxunto, polo que son precavidos á hora de opinar. Outros teñen un xuízo claro, e como sucede con case todas as cousas, hai persoas ás que lles encanta a nova praza e outras que din que "si seguimos peatonalizando así, mejor es no seguir". É a opinión de Enrique Rodríguez, que cre que se crean espazos "poco habitables". Bota de menos bancos útiles para a xente maior -con respaldo e non tan baixos como algúns de pedra que se están colocando na Mosqueira- e sobre todo cre que na cidade faltan sombras.

Un operario traballa na nova zona peonil. XESÚS PONTE
Un operario traballa na nova zona peonil. XESÚS PONTE

Entre os cidadáns que viven e traballan na contorna, as opinións tamén están divididas. Máximo Folgueiras reside fronte á Mosqueira e non pode estar máis contento, pero un veciño da Rúa Dinán conta que, cos cambios de tráfico que se fixeron a raíz do peche da Ronda, o tráfico complicouse moito. E Michael Rodríguez, traballador dun negocio próximo, di que houbo baixón. Recoñece que a pandemia e a crise económica influíron e que "quizás a largo plazo" esta peatonalización será "muy positiva". O que non lle encaixa a este colombiano de 25 anos que chegou a Lugo hai 22 son as casas en ruína que hai no tramo inferior desta nova praza nin a pasarela e o feísmo do cruce con San Roque e Montero Ríos. Isto último ten os días contados, pero Michael resístese a crelo. "¿Cuántas veces lo han dicho?", inquire.

Zona peonalizada de A Mosqueira, aínda en obras, coas casas abandonadas que a afean.
Lali López: Me falta verde, creí que la zona verde iba a ser mucho más amplia, y los bancos me parecen una vergüenza"

 

O gran edificio racionalista de Eloy Maquieira que fai esquina convive coa degradación arquitectónica de máis abaixo, agora moito máis notoria ca antes porque se camiña a carón dela. Alomenos pechouse algunha das casas que hai anos estaba aberta e chea de lixo que chegou a arder. Porén, hai algunha coa galería apuntalada e outra cunha rede protectora. Hai tamén dous locais de negocios que sucumbiron nos últimos anos, mais un amosa un interior en obras. Quizais se prepara para reabrir nun espazo agora sen coches, sen ruído, céntrico e que todo apunta a que será un lugar de paso constante de xente. Os locais hostaleiros que dan á rúa seguramente non tardarán en poñer mesas e cadeiras.

Un tramo da zona peonil da Mosqueira. XESÚS PONTE
Un tramo da zona peonil da Mosqueira. XESÚS PONTE

 

Zona peonalizada de A Mosqueira, aínda en obras, coas casas abandonadas que a afean.
Damarys Valladares: "Me gusta mucho como ha quedado, descongestiona el centro, y queda una visión muy limpia de la muralla"

O silencio, que aínda non é perceptible de todo polo ruído das máquinas, é unha das ganancias máis evidentes dos espazos peonís, igual que a ausencia do fume dos coches. Os gases aprézanse menos, pero fan o mesmo ou máis dano á saúde. "Las grandes ciudades europeas tienen sus centros peatonales. Es una manera de potenciar muchas cosas: menos coche, más salud... Y no hay que irse tan lejos para ver cómo las peatonalizaciones mejoran la calidad de vida. Ahí está Pontevedra", apunta Damarys Valladares, que vive en Fingoi, traballa no centro, ten nenos e móvese con eles a pé, en bici ou en bus, asegura.

Zona peonalizada de A Mosqueira, aínda en obras, coas casas abandonadas que a afean.
 Michael Rodríguez: "A largo plazo quizás será positivo, pero además de hacer nuevo hay que cuidar lo que hay, como las casas en ruinas"

Outro veciño contraargumenta. "Peonalizar está ben, pero hai que conxugar todas as sensibilidades e Lugo é complexo. Sobre todo penso que hai que situarse na cidade na que un vive, non vale tomar modelos doutras".

Con todo, un paseo pola Mosqueira pon de manifesto que, en termos xerais, os cidadáns valoran a retirada dos coches, máis aló dos gustos sobre os farois, moi comentados, e da inquedanza polas árbores que se plantarán.

Comentarios