"Os libros foron a salvación na pandemia"

Héctor Castiñeira, Enfermera Saturada, reclamou o poder que concede a lectura na inauguración da feira que comezou este martes Lugo ►Arantza Portabales e Olga Novo deron a coñecer novas versións de obras anteriores e Manuel Darriba asinou exemplares das súas
O escritor Héctor Castiñeira, durante a lectura do pregón na Praza Maior. XESÚS PONTE
photo_camera O escritor Héctor Castiñeira, durante a lectura do pregón na Praza Maior. XESÚS PONTE

Héctor Castiñeira (Lugo, 1982), que asina as súas obras como Enfermera Saturada, resaltou que o libro foi "a táboa de salvación" para moitas persoas que se viron pechadas na casa por culpa da pandemia. Grazas a eles "esquecimos da dor, do medo, da incertidume,...". Castiñeira subliñou que a xente é consciente dese poder redentor da lectura: "Unha vez estaba asinando libros nunha feira e escotei a unha señora dicirlle a outra: Me encantaría que me encantase ler".

O escritor da Milagrosa estivo asinando exemplares da obra que publicou o pasado outono, Orgullo enfermero (Plaza & Janés). Antes dera un discurso como pregoeiro da Feira do Libro de Lugo, que comezaba este martes con milleiros de volumes abeirados da choiva intermitente por unha decena de librerías. Durante a mañá houbo unha numerosa representación do lectorado de Lugo. Debe valorarse porque as Letras Galegas caeron na cola dunha ponte que puxo a cidade no carril de saída. Pola tarde o ambiente incrementouse, especialmente no concerto de corais dedicado a Florencio Gurriarán.

Castiñeira declarou que "hai un libro para cada persoa". Recordou que no Hula funciona un voluntariado que achega lecturas ás persoas ingresadas. Cargou o seu discurso con tantas notas de humor e sanidade como os seus textos. Animou a levar libros se se debe estar hospitalizado e mesmo "bolígrafo e papel" porque "as cousas que pasan polos corredores dos hospitais ben dan para un libro, a min déronme para nove".

Agenda Feira do Libro de Lugo (18.05.2022)

El reparou en que as novelas non soamente se podían ler, senón tamén escribir como "cando Paco Martín veu dar un pregón á Milagrosa". "Eu lera As cousas de Ramón Lamote, eu lía libros; pero pensaba que os libros os escribían outros".

PORTABALES. Arantza Portabales presentou unha versión ampliada de Sobrevivindo, editada por Galaxia. A escritora comentou que publicación orixinal ganara un premio no que se requerían 31 capítulos de 3.500 caracteres. Considerou que "tiña posibilidades" polo que o aumentou a 53 "para elaborar un puzzle de fotogramas sobre a vida dunha muller".

Arantza Portabales. XESÚS PONTE
Arantza Portabales. X.P.

A historia, sobre unha muller que triunfa nun reality, serviulle para "falar sobre o que supuxo" o primeiro Gran Hermano, que nos descubriu "o apaioxante que é a vida da xente normal" cando antes "estabamos pendentes da vida de Carolina de Mónaco". "Quería contar que a xente está disposta a vender a intimidade pola fama".

Olga Novo tamén volveu sobre Cráter (Kalandraka), unha obra do 2011 á que engadiu poemas, como un sobre a matanza do porco.

Olga Novo, con Carmen Blanco e Luis Rei Núñez, este martes en Lugo. XESÚS PONTE
Olga Novo, con Carmen Blanco e Luis Rei Núñez, este martes en Lugo. XESÚS PONTE

A escritora estableceu "unha conexión directa entre ese poemario e Feliz (idade)", tanto polo vitalismo como porque o seu Vilarmao (A Pobra de Brollón), está presente.

Manuel Darriba, este martes en Lugo. XESÚS PONTE
Manuel Darriba. X.P.

"En Cráter hai poemas sobre o instinto de maternidade. Hai un anuncio da maternidade cunha percusión, unha pandeirada. O pai da miña filla, Lúa, é percusionista. Cando escribín eses poemnas non o coñecera".

Manuel Darriba, exredactor de El Progreso, asinou A realidade (Xerais). A novela trata sobre un escritor que percorre unha cidade pouco antes da fin do mundo.

Comentarios