O CIFP Politécnico estrea infraestruturas e amplía os ciclos e cursos

Novidades ► Increméntanse a oferta de Formación Profesional Dual en catro novos ciclos e nos estudos de integración social, e crece a FP básica
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE
photo_camera Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE

O CIFP POLITÉCNICO de Lugo continuará ofertando o vindeiro curso académico 2022-2023 todas as modalidades da Formación Profesinal (FP) e incorpora ademais importantes novidades, entre as que destacan o Ciclo Superior de Integración social, o Ciclo Medio de Construción (primeiro), o CS de Proxectos de Edificación (primeiro) o Ciclo Superior de Construcións metálicas e o CM de elaboración de produtos Alimentarios (primeiro).

Novas instalacións

Carpintaría e moble, pola súa banda, trasládase desde a súa anterior ubicación na sede da Fundación Laboral da Construción en Lugo ao CIFP Politécnico, un edificio construído en madeira que cumpre os obxectivos que se establecen para mellorar o rendemento académico, a creatividade e a autonomía de alumnos e alumnas. Estas melloras conséguense nas novas instalacións grazas a unha dotación cun amplo espazo, gran iluminación e climatización adecuada.

Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE

O novo espazo educativo cumpre cos requisitos necesarios para impartir os ciclos da familia profesional de madeira, moble e cortiza que se ofertarán a partir do curso que vén e que contribuirán ao desenvolvemento de profesionais cualificados para a ocupación de postos de traballo especializados nas industrias da carpintaría e moble. Estes traballos abranguen dende carpinteiro, operador de máquinas ou instalador ata vernizador e lacador.

Para conseguir os obxectivos cóntase cunha aula de informática onde o alumnado a pé de taller imprime os planos e patróns para comprobar as medidas e fabricar os mobles e os produtos de carpintaría. Ademais o taller está equipado con ferramentas e maquinaria de recente adquisición e os últimos avances tecnolóxicos, como CNC, láser e impresión 3D, que fan da aprendizaxe do alumnado unha experiencia onde a imaxinación non ten límites.

Este tipo de aulas son chaves para un ambiente educativo de calidade. Ao mesmo tempo actúan como un elemento de progreso da actividade didáctica e fomentan a creación de actividades propias do centro, como o programa Lanzadeiras Lugo, proxectos de innovación e competicións.

Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE

Este ano os alumnos e alumnas do CIFP Politécnico crearon a miniempresa Haros, na que deseñan e elaboran logotipos, calculan orzamentos e posteriormente fabrican chaveiros de diversos materiais tales como madeiras nobres, taboleiros, coiro ou metacrilato. Así mesmo participaron en competicións como Galicia Skills, na que, grazas a eles, o centro lucense quedou campión galego na especialidade de Ebanistería e posteriormente participou no campionato de España, Spainskills.

Os diferentes ciclos inclúen formación en centros de traballo da provincia

Tecnoloxía aplicada: Aula 4.0

O centro lucense conta cun Espazo de Tecnoloxía Aplicada, a Aula 4.0, pensada para dar a coñecer, estudar, experimentar, descubrir e demostrar aspectos da Industria 4.0, simulando as contornas laborais.

Dispón de recursos didácticos reais e virtuais, e soporte lóxico de simulación e xeración de xemelgos dixitais. Permite traballar nas principais áreas tecnolóxicas da dixitalización da industria, centrándose principalmente nas seguintes liñas temáticas:

  • Robótica Colaborativa
  • Realidade Aumentada (RA) e Realidade Virtual (RV)
  • Simulación e Xemelgos Dixitais
  • Fabricación Aditiva
  • Industrial IoT (IIoT)
  • Plataformas Cloud IoT. Ciberseguridade TO.
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE

Este espazo ideado baixo as directrices das aulas de tecnoloxía aplicada (ATeCa) do Ministerio de Educación e FP dispón de distintos niveis de actuación:

  • O aspecto físico da aula, que busca o confort das persoas usuarias, a monitorización, a sensórica e a creación de espazos para investigación, exposición, etc.
  • O aspecto tecnolóxico, con características como a realidade virtual, ampliada e mixta; a conectividade Wifi6, etc.

Ademais entre a formación que se imparte no CIFP Politécnico tamén destacan os cursos de especialización en:

Ciberseguridade en contornas das tecnoloxías de operación

Pertence á familia profesional de Electricidade e electrónica e nel o alumnado aprenderá a definir e pór en práctica estratexias de seguridade nas organizacións e nas infraestruturas industriais, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución das medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.

Fabricación aditiva

Pertence á familia profesional de Fabricación mecánica, sumándose ao ciclo medio de mecanizado e aos superiores de Programación da produción en fabricación mecánica, e o Ciclo Suprior de Construcións Metálicas (1º) na Formación Profesional Dual.

Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE

Quen realice este curso de especialización aprenderá a desenvolver e xestionar proxectos de fabricación aditiva mediante o uso de impresión 3D, supervisar ou executar a montaxe, mantemento e posta en marcha dos devanditos proxectos, así como tomar decisións de implementación no desenvolvemento de produtos de empresa.

Así mesmo, outros ciclos cunha grande inserción laboral son:

CM Instalacións Eléctricas e Automáticas

Este ciclo medio achega ao alumnado as competencias para montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, aplicando normativa e regulamentación vixente, protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando o seu funcionamento e respecto ao medio ambiente.

Estes profesionais exercen súa actividade en pemes, maioritariamente privadas, de montaxe e mantemento de infraestruturas de comunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos por conta propia ou allea.

Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE

CM Instalación de Telecomunicacións

Achega ao alumnado os recursos e medios para a execución da montaxe ou mantemento das instalacións e equipos, capacitando para reformular a instalación de acordo á documentación técnica, resolver problemas e informar doutras continxencias, para asegurar a viabilidade da montaxe.

Así mesmo poderán montar ou ampliar equipos informáticos e periféricos, configurándoos, asegurando e verificando o seu funcionamento, en condicións de calidade e seguridadea ademais de poder instalar e configurar software base, sistemas operativos e aplicacións, e montar elementos compoñentes de infraestruturas e instalacións, desde canalizacións a cableado, armarios ou soportes, así como cámaras, procesadores de sinal ou centrais, entre outros, utilizando ferramentas de programación.

CM Mecanizado

Estes profesionais aprenderán a determinar procesos de mecanizado partindo de información técnica; preparar máquinas e sistemas; programar máquinas ferramentas de control numérico, robots e manipuladores; operar máquinas ferramentas de arranque de labra, de conformado e especiais para obter elementos mecánicos. Así mesmo poderán verificar produtos mecanizados e realizar un mantemento de primeiro nivel en máquinas e equipos.

Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE

CM de Carpintaría e Moble na modalidade de adultos

Este ciclo dota ao alumnado de coñecementos para fabricar elementos de carpintaría e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, acabado, almacenamento e expedición de produtos, con saídas laborais en industrias dedicadas á fabricación e á montaxe de mobiliario e elementos de carpintaría, e na aplicación de produtos de acabado.

FP Dual

Retómanse ademais dentro da FP Dual o CM de Construción (primeiro) e os superiores de Proxectos de Edificación (primeiro) e Construcións Metálicas (primeiro).

Continúase ademais co ciclo medio de Elaboración de Produtos Alimentarios e co CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE

CM de Elaboración de Produtos Alimentarios

O Ciclo Medio de Elaboración de Produtos Alimentarios, pola súa banda, pertence á familia formativa de Industrias Alimentarias. A competencia xeral deste título consiste en elaborar e envasar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento dos equipamentos aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, protección ambiental e prevención de riscos laborais.

A actividade desenvólvese en áreas funcionais de recepción de materias primas e materiais, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade e almacenamento e expedición de produtos acabados.

O centro decano da FP en Lugo segue a rexistrar un incremento de matrículas ano tras ano

Oferta formativa neste curso 2022-2023

A oferta formativa no CIFP Politécnico na familia profesional de Sanidade inclúe os ciclos medios de Farmacia e Parafarmacia, Coidados Auxiliares de Enfermaría, e aos superiores de Próteses Dentais, Laboratorio Clínico e Biomédico, e Hixiene Bucodental.

Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE
Novas infraestruturas do CIFP Politécnico. SEBAS SENANDE

No réxime ordinario o centro lucense imparte as familias formativas de actividades físicas e deportivas, Edificación e Obra Civil, Electricidade e Electrónica; Fabricación Mecánica; Industrias Alimentarias; Madeira, Moble e Cortiza; Sanidade, e Servizos Socioculturais e á Comunidade. No réxime de persoas adultas impártense os ciclos medios de Farmacia e Parafarmacia; Coidados Auxiliares de Enfermaría; Emerxencias Sanitarias; Instalacións Eléctricas e Automáticas; Carpintaría e Moble, e Atención a Persoas en Situación de Dependencia, todos eles con formación en centros de traballo; así como o ciclo superior de Educación Infantil (oferta completa).

O progresivo incremento de alumnos e alumnas rexistrado nos últimos cursos é un dos mellores indicativos da calidade da ensinanza do centro decano da FP en Lugo.

Oferta 2021-2022
RÉXIME ORDINARIO
Ciclos Medios
▶ CMELE01 Instalacións Eléctricas e Automáticas
▶ CMELE02 Instalacións de Telecomunicacións
▶ CMFME01 Mecanizado
▶ CMSAMN02 Farmacia e Parafarmacia
▶ CMSSC01 Atención a Persoas en Situación de Dependencia

Ciclos Superiores
▶ CSAFD01 Ensinanza e Animación Sociodeportiva (plurilingüe)
▶ CSELE01 Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
▶ CSELE02 Sistemas de Telecomunicación e Informáticos
▶ CSELE03 Automatización e Robótica Industrial
▶ CSFME01 Programación da Produción en Fabricación Mecánica
▶ CSINA02 Procesos e Calidade na Industria Alimentaria
▶ CSSAN02 Próteses Dentais
▶ CSSAN05 Laboratorio Clínico e Biomédico
▶ CSSAN09 Hixiene Bucodental (horario tarde)
▶ CSSSC01 Educación Infantil (bilingüe)
▶ CSSSC02 Integración Social (horario de tarde)
ADULTOS DISTANCIA
▶ ZMSAN02 Farmacia e Parafarmacia
▶ ZMSSC01 Atención a Persoas en Situación de Dependencia
ADULTOS PRESENCIAL
Ciclos Medios
▶ ZMSAN01 Emerxencias Sanitarias (oferta completa)
▶ ZMELE01 Instalacións Eléctricas e Automáticas (oferta parcial)
▶ ZMMAM01 Carpintaría e Moble (oferta parcial)

Ciclo Superior
▶ ZSSSC01 Educación Infantil (oferta completa)
CURSOS ESPECIALIZACIÓN
▶ CSELE51 Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías de Operación
▶ CSFME50 Fabricación Aditiva
FP DUAL
▶ ZMEOC01 Construción (primeiro)
▶ ZSEOC01 Proxectos de Edificación (primeiro)
▶ ZSFME02 Construcións Metálicas (primeiro)
▶ ZMINA03 Elaboración de Produtos Alimentarios (primeiro sector lácteo)
FP BÁSICA
▶ CBELE11 Electricidade e Electrónica
▶ CBFME11 Fabricación e Montaxe
▶ CBMAM01 Carpintaría e Moble

Comentarios