Miércoles. 19.12.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.12.2018
El tiempo
A ULLOA E MELIDE

Os irmáns Torres gozan cos melindres de Melide

Melide acolle esta fin de semana a XXVII Festa do Melindre e conta con dous convidados moi especiais, os cociñeiros xemelgos Torres. Ademais de encargarse do pregón, os televisivos irmáns percorreron un tramo do Camiño de Santiago, pasearon pola feira de produtos artesanais situada nos arredores da Praza do Convento, probaron algúns dos produtos típicos da gastronomía melidense e visitaron un obrador reposteiro e una explotación gandeira acompañados pola Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.