Deporte Local Lugo

O Pazo de San Marcos recibe aos heroes do ascenso

O Pazo de San Marcos acolleu este sábado a festa do breoganismo coa recepción por parte do Presidente da Deputación, Darío Campos, e da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aos xogadores e corpo técnico do CB Breogán.

No acto tamén participaron o Presidente do club, Suso Lázare; o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos; o Deputado de Deportes, Pablo Rivera; e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, así como centos de afeccionados celestes que non quixeron perderse a cita.

Comentarios