A Mariña

Mercado de Nadal de Ribadeo

A vila ribadense desfruta dunha das mellores temperaturas dentre as rexistradas nos últimos días en Galicia, o que facilita o paseo entre as casetas que arrodean o parque de San Francisco, no marco do Mercado de Nadal, organizado polo Concello e no que se poden atopar todo tipo de regalos de calidade ata o domingo. Faga máis ou menos frío, pódese quecer grazas as chocolatadas que reparte a caseta dos ribadenses doces Moreno, famosos polos seus bombóns chamados Pedras das Catedrais. E xa cara a noite, dende onte, pódese desfrutar dun alumeado que embelece o casco urbán con luminarias de baixo consumo.
 

Comentarios