domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo
A MARIÑA

O certame Díaz Jácome enche Mondoñedo de poesía

A entrega de premios do vixésimo Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores encheu de poesía galega Mondoñedo. Xián Lois Alcayde Dans foi o gañador desta convocatoria co poemario Anoar. O santiagués Aleixandre Lago recolleu o segundo premio pola obra Unha luz de eclipse. A terceira galardoada foi Isolda Comesaña, de Vigo, quen presentou Son da estirpe de Luperca.