18/feb./23
Actualizado: 19/feb./23
A Chaira
Gran éxito da XVII Expogrelo de Abadín
O recinto feiral de Gontán acolleu a celebración da XVII Expogrelo de Abadín, que citou a 14 produtores do municipio que esgotaron as máis de 1.000 mandas que puxeron á venda ao prezo único de dous euros. Houbo un recoñecemento para todos eles, así como premios á mellor decoración dos postos, que foron para Marisol Grandío, Esther Cruña e Argimiro Val.
A cita completouse con postos de artesanía e de gastronómica, gando cabalar e vacún e unha gran degustación popular de cocido, no que as 500 racións que preparou o cátering Sarredo da Pontenova non chegaron a nada.