A Chaira

Xuntanza de maiores chairegos, en imaxes

Máis dun cento de usuarios chegados de oito centros de día e residencias da comarca chairega desfrutaron dunha animada xornada, que se celebrou en Baamonde e foi organizada polo centro de Begonte e o Hospital Asilo de Vilalba. Durante o día, os asistentes chufaron os seus lugares de procedencia, xantaron e bailaron ao ritmo de D-3.