domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo
A CHAIRA

VIII Concurso de Tapas de Meira

Un total de dez establecementos meiregos participa dende mañá, xoves, ata o domingo día 2 na oitava edición do Concurso de Tapas de Meira, unha cita na que traballan o Concello e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo. Todos aqueles que se animen a probar as dez propostas, poderán facelo a partir das 20.00 horas os catro días -agás no caso do Muíño, que pecha o domingo á noite-, por un prezo único de dous euros.

Ademais, os asistentes que puntúen as súas tapas favoritas e completen a tarxeta de votación, entrarán nun sorteo de vales por valor de 600 euros para gastar nos establecementos comerciais da localidade. Así, o primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro, de 100. O sorteo, coma a entrega de premios, realizaranse nos días posteriores.