lunes. 22.07.2019 |
El tiempo
lunes. 22.07.2019
El tiempo
A CHAIRA

VI Concurso de Tapas de Castro

Do 5 ao 7 e do 12 ao 14 de abril, unha decena de hostaleiros de Castro de Ribeiras de Lea participan neste certame gastronómico, no que as propostas se servirán ao prezo único de dous euros, das 20.00 horas á medianoite. Os clientes que as proben todas poderán entrar no sorteo de 1.200 puntos, repartidos en cinco premios. Ademais, terán á súa disposición unha ruta de bus para percorrer todos os locais sen ter que coller o coche.