lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo
A CHAIRA

Tapeo e música, combinación perfecta

A capital chairega desfrutou duns días repletos de actividades, nos que música e gastronomía se fusionaron para deleitar a veciños e visitantes. Un total de 14 locais hosteleiros ofreceron cadanseu petisco co que loitaban por ser a tapa gañadora do I Vilalba de Tapas, unha iniciativa do Concello de Vilalba e a Asociación de Empresarios Sete Pontes. Este venres, Pepe Solla e Adrián Díaz dictaminarán cal foi a mellor de todas.

Ademais, a música tradicional de once grupos paseou por 33 bares da localidade nunha nova edición dos Cantos de Taberna, que nesta ocasión organizaron Buxos Verdes e o goberno local. Para poñer o broche de ouro, a Praza da Constitución acolleu obradoiros de baile e percusión e, pola noite, actuaron Milesios, Malvela e A Companhía do Ruído, nun programa confeccionado polas anteriores entidades e Sete Pontes. 

Tódolos actores destas xornadas mostraron a súa satisfacción co ambiente vivido nas rúas vilalbesas e confían en seguir aunando forzas en vindeiros anos.