A Chaira

O Goiriz gaña en Román e certifica o ascenso a Segunda Autonómica

O Goiriz xa é de Segunda trala vitoria deste domingo na casa do veciño Catro Roldas, ao que se impuxo por 0-4. Os vilalbeses, que ademais soben á segunda praza da táboa, lograron este esperado ascenso tras un intenso partido no que dominaron dende o minuto 3, cando Óscar anotaba o primeiro tanto. Eladio, Raúl e Mateo, con dedicatoria incluída, completaron a goleada que certificaba o ascenso.

Comentarios